Friday 03 de May de 2024

O Workshop do Centro Superior de Hostalería de Galicia reúne as principais cadeas hoteleiras de referencia internacional


A novena edición deste workshop anual de recursos humanos, organizado polo Club de Antigos Alumnos do CSHG, contou coa presenza da directora de Turismo de Galicia

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) celebrou a novena edición do seu Workshop do Club de Antigos Alumnos ao que asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

O obxectivo deste workshop é ofrecer aos profesionais formados no Centro novas oportunidades no mercado laboral colaborarando ademáis, así, na mellora do sector turístico coa achega do persoal cualificado.

Deste xeito, a iniciativa convértese nunha oportunidade única para os profesionais do sector turístico formados no centro pero tamén para os departamentos de recursos humanos das principiais empresas do ámbito turístico.

Nesta novena edición do workshop de recursos humanos participaron empresas turísticas e cadeas hoteleiras de referencia a nivel internacional como Vincci Hoteles, Palladium Hotels & Resorts, AC Hotels by Marriott, Sixt Alquiler de coches, Oca Hotels, Hotusa, APeTéCeMe, Catalonia Hotels & Resorts, Hospes Hotels ou Infinite Places, entre outras.

Moitas destas empresas manteñen unha colaboración co Centro Superior de Hostalería de Galicia a través de prácticas dos alumnos e xa contan con titulados do Centro entre o persoal das súas compañías.

Tras nove edicións esta feira de emprego consolidouse como un encontro de gran valor tanto para os candidatos como para as empresas que poden atopar moitos candidatos para os seus establecementos ao ter a opción de coñecer a moitos perfiles distintos.

O workshop constitúe unha iniciativa mais ofrecida polo CSHG para a incorporación inmediata dos seus alumnos ás empresas turísticas ao rematar os estudos.

Grazas a estas actuacións e a o seu programa adaptado ás necesidades do sector, o Centro Superior de Hostalería de Galicia conta cunha rede de 2.500 antigos alumnos que desempeñan na actualidade postos de responsabilidade en 80 países dos cinco continentes e cunha porcentaxe de inserción laboral do 85%.